A Plataforma Stop Velutina rexistrou unha petición á Xunta de Galicia na que demanda unha liña de financiamento específico para investigación e axudas ao sector apícola para a protección das colmeas. A plataforma advirte de o "avance da praga" da avispa asiática e ante a "constatación de que a erradicación é practicamente imposible".