Unións Agrarias convoca este sábado unha acción sindical nun cash da Coruña tras identificar durante unha semana cisternas procedentes de Francia e Portugal con leite moi por baixo dos custos de produción. A organización denuncia que as industrias lácteas tentan forzar unha rebaixa de oito céntimos nos contratos mentres os gastos das granxas non deixan de subir.