A folga da compañía aérea cancela outros catro voos este venres despois das cancelacións rexistradas a pasada fin de semana. Esta fin de semana espéranse colas e problemas en aeroportos e estacións de tren, xa que coinciden tres folgas: a de Renfe, a de Iberia e a de Ryanair.
En plena operación retorno a compañía ferroviaria cancelará 360 trens ante os paróns parciais convocados para o venres 30 de agosto e o domingo 1 de setembro, deixando a miles de pasaxeiros nunha situación moi comprometida.