O traslado a fume de carozo do paritorio do antigo Materno Infantil ao Hospital Xeral de Ourense fixo estalar a bomba no CHUO ao non ser informados os sindicatos. Tampouco se avisou da presenza do conselleiro de Sanidade, Gómez Caamaño, ese mesmo día. A isto engádese o que sucede cos centros de saúde de Catoira e Redondela, un por falta de profesionais e o outro por saturación de pacientes.
Segundo indican fontes da organización a Galiciapress, escolleuse este ano a vila ourensá por, entre outros factores, o destacado papel das mulleres verinesas nas protestas que obrigaron ao SERGAS para rectificar e reabrir o paritorio público.Unha das protestas contra o peche do paritorio de Verín Ademais, argumentan que este ano se quere facer énfase no papel das galegas como coidadoras de persoas maiores ou dependentes, un labor que asumen en moitos casos con pouco ou nulo apoio e sen recoñecemento social e público.
Unha muller deu a luz na madrugada deste venres no paritorio do hospital de Verín. Trátase do cuarto nacemento desde que a Xunta de Galicia dese a orde o pasado 1 de decembro de pechar este servizo.