Percorrer este inverno os montes galegos é facelo a través de árbores queimadas e cinza, vestixios da vaga de incendios que arrasou a comunidade e que pillou a Iván Tarrío, membro dos equipos helitransportados, combatendo o lume aquí e alá. Da súa experiencia entre as chamas e as súas reflexións nace 'Pyropoemas' (Editorial Talón de Aquiles), unha recompilación de escritos deste enxeñeiro forestal que pon voz e poesía a moitas emocións e sensacións dos profesionais da extinción de incendios e que comparte nesta entrevista con Galiciapress .
O máis grande dos declarados neste oitavo mes do ano é o de Cures, que afectou a 2.200 hectáreas na Serra do Barbanza e que precisou máis dunha semana para extinguirse. Galiciapress viaxa, cámara en man, ao corazón do incendio nun das paraxes afectadas, o das Piscinas Naturais do Río Pedras, na Pobra do Caramiñal. Unha das xoias naturais da comarca, que tardará moito tempo en recuperarse do dano ambiental sufrido.