O Goberno asegurou este xoves que as indicacións sobre a evolución do coronavirus e as medidas para tomar en España están coordinadas polo Ministerio de Sanidade en "coordinación total entre as distintas administracións do Estado".
Como xa anunciara a semana pasada, o Ministerio de Traballo bota abaixo o artigo '52.d' do Estatuto de Traballadores, unha medida que será efectiva a partir de mañá e que poñerá fin aos despedimentos por baixas médicas acumuladas e xustificadas.