Antigos membros da orde relixiosa dos 'Migueliños', cuxo fundador foi condenado a nove anos de cárcere por abuso sexual, presentaron unha querela contra aquelas persoas que os denunciaron, despois de que finalmente fosen absoltos.
Miguel Rosendo mantén o seu discurso e anuncia que levará o seu recurso ante o Tribunal Supremo, acusando a "certos homes da Igrexa" por promover "unha montaxe" contra el
O investigador privado que elaborou un informe sobre a Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo testificou este luns que as súas conclusións recollen que se trataba dun "grupo sectario" porque, ao seu criterio, coincide coas actitudes "destrutivas" e as "accións cohercitivas e limitativas" que recoñece pola súa experiencia investigando a "decenas de grupos sectarios".
O Bispado de Tui - Vigo é un dos acuados no xuízo, no que hoxe declarou como testemuña o cura ao que o Bispado encargou supervisar a orde
Unha das mulleres chamadas a declarar no xuízo contra a seita católica dos Miguelianos está a relatar os supostos abusos sexuais que sufriu por parte de Miguel Rosendo.
Continúa o xuízo do os Miguelianos, con testemuños a favor e en contra de Miguel Rosendo. Unha monxa defende a figura do acusado e fai referencia ao suposto coñecemento que tiña a xerarquía católica. Outra testemuña o cualifica de "curandeiro" que abusou sexualmente dela hai 32 anos.
Chegou a hora da verdade para Feliciano Miguel Rosendo. Ante o xuíz, nega todos os delitos e denuncia que el foi o abusado e que recibiu malleiras durante a súa estancia en prisión provisional.