María Alonso Mesia é a presidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG). O último sábado do mes de setembro celebrouse o l Día Internacional das Persoas Xordas, un día dedicado a reivindicar os dereitos deste colectivo para crear unha sociedade máis inclusiva. A día de hoxe a maior reclamación é o uso da lingua de signos en todos os ámbitos sociais, isto contribuiría a eliminar barreiras que actualmente non están superadas e impiden o desenvolvemento pleno das persoas xordas, que en Galicia son 20.000 segundo FAPXG, todas elas con diferentes necesidades que cubrir para poder desenvolver sen obstáculos.