O coronavirus aínda está lonxe de ser unha cousa do pasado. A pesar da melloría, os efectos da pandemia seguen repercutindo en todos os ámbitos da sociedade, co turismo como un dos sectores máis afectados.
O candidato do PPdeG para repetir como presidente vese vítima dunha "intoxicación" mediática. Partidos como Cidadáns ou Vox levan días acusándoo de querer prohibir que madrileños visiten Galicia, algo que o mandatario nega tajantemente.
España entrará o próximo 21 de xuño na nova normalidade co fin do estado de alarma a pesar de que moitas zonas non culminarían para entón as fases da desescalada. Ante esta situación Feijóo propuxo medidas para restrinxir a mobilidade, pero esta petición atopou a súa réplica tanto dentro do seu propio partido como dentro da comunidade, con Isabel Díaz Ayuso e Abel Caballero cargando contra o presidente da Xunta.