Catorce compañías leiteiras -entre elas as firmas que recollen máis leite en Galicia e as principais marcas galegas pactaron prezos vulnerando a libre competencia. A CNMC halles imposto unha importante multa, 80 millóns de euros, pero unha organización do sector alerta que ao final isto pode provocar unha nova caída dos prezos que reciben os produtores.