Os laranxas comparecían ante os medios para presentar os investimentos que din conseguir para Galicia, pero a noticia da posible fichaxe do ex-conselleiro Guerra -e parece que tamén dalgún destacado socialista- converteuse en protagonista.
A crise no PP de Vigo alcanza dimensións sorprendentes. Ata o punto que a contorna do ex-conselleiro de Industria Javier Guerra fala abertamente de unirese a Cidadáns. Guerra parece que non quere ser candidato a alcalde, pero sería unha posible cabeza de cartel a nivel autonómico.