Percorrer este inverno os montes galegos é facelo a través de árbores queimadas e cinza, vestixios da vaga de incendios que arrasou a comunidade e que pillou a Iván Tarrío, membro dos equipos helitransportados, combatendo o lume aquí e alá. Da súa experiencia entre as chamas e as súas reflexións nace 'Pyropoemas' (Editorial Talón de Aquiles), unha recompilación de escritos deste enxeñeiro forestal que pon voz e poesía a moitas emocións e sensacións dos profesionais da extinción de incendios e que comparte nesta entrevista con Galiciapress .