Carlos Montes Piñeiro é profesor de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións na Universidade de Santiago de Compostela (España) e director do Laboratorio de Riscos Psicosociais do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia. Falamos con el para achegarnos a algúns temas que xurdiron nos últimos tempos sobre o grao de satisfacción laboral entre as persoas. Factores como estar no traballo desexado, a cultura social (individualista ou colectivista), o grao de tecnificación e segmentación, supoñen elementos capaces de engadirlle un maior ou menor sentido á vida laboral das persoas.