Fontes de Raxoi confirmaron que recibiron a resposta do Executivo autonómico e actualmente están a preparar a documentación co obxectivo de presentar unha nova solicitude e iniciar de novo o procedemento
Este venres foi executado o desaloxo dunha familia de Santiago que residía nunha vivenda social da Xunta, actuación que foi criticada polo Concello de Santiago, que censura que a Administración autonómica non ofrecese unha alternativa residencial aos afectados antes de proceder ao seu desafiuzamento.