Gumersindo Guinarte

Santiago pide axudas para negocios tocados polas restricións e espera que o Xacobeo poida prolongarse a 2022


Galiciapress entrevista ao concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela, o socialista Gumersindo Guinarte, nun momento clave para a urbe. A capital atravesa unha situación epidemiolóxica difícil, que mesmo podería provocar hoxe o peche perimetral. Dado que a crise do coronavirus durará meses, pódese planear así o Xacobeo 2021 ou é mellor pensar xa nun Xacobeo 2022?

O Goberno de Santiago confía en aprobar os orzamentos este mes
O Goberno local de Santiago de Compostela mantén o seu obxectivo de poder aprobar os orzamentos municipais ao longo deste mes de febreiro e destaca que as conversacións con Compostela Aberta, o grupo preferente co que buscan chegar a un acordo para sacar as contas adiantes, van por bo camiño e as negociacións continúan "avanzando".
Guinarte: ​“O goberno de Santiago está disposto a reabrir o debate sobre a taxa turística”

Nesta entrevista con Galiciapress, Gumersindo Guinarte detalla os plans de Santiago para cambiar o modelo de turismo. A nova limitación dos pisos turísticos e o posible levantamento da moratoria aos hoteis na zona vella son dous dos puntos desta conversa co tenente de alcalde, tamén responsábel do turismo e o Xacobeo. Guinarte tamén foi decano de Dereito na USC e secretario de Presidencia con Touriño, experiencia da que extrapola un consello para a investidura de Pedro Sánchez.

Guinarte (PSdeG) reclama "responsabilidade" a Compostela Aberta para aprobar uns "orzamentos técnicos" que permitan a subida salarial comprometida


A capacidade de manobra do novo goberno do PSOE en Santiago de Compostela sométese este venres ao seu primeiro gran exame. Os de Xose Sánchez Bugallo tentarán sacar adiante uns "orzamentos técnicos" para chegar a final de ano sen ter que ir tirando cos actuais prorrogados.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE