As tatuaxes de Zrako están a servir para salvar a vida de moitos animais e preservar os ecosistemas de moitas zonas do planeta. Os últimos beneficiados polo seu traballo e o seu talento son os lobos galegos.
Nesta primeira entrega dunha serie de reportaxes, Galiciapress charla con Aurora Pontes, doutora en bioloxía e representante da asociación 'Grupo Lobo Galicia'. A doutora explica a importancia de protexer a unha especie protexida pola normativa europea, que abre a porta a unha "oportunidade económica", e ameazada polos cambios que sofre no seu hábitat, rachada polos incendios, os parques eólicos ou as estradas.