O que foi o primeiro presidente galego elixido nas urnas, Gerardo Fernández Albor, faleceu o pasado 12 de xullo aos 100 anos de idade
Ademais, o 7 de setembro, coincidindo coa data na que cumpriría 101 anos, o Partido Popular de Galicia honrará ao que foi o primeiro presidente autonómico
Gerardo Fernández Albor morreu este xoves 12 de xullo aos 100 anos en Santiago de Compostela. O político conservador, que se definiu como "vello galeguista" e "vello demócrata" foi o primeiro mandatario da autonomía galega.