Un ambicioso estudo xenético da Universidade de Santiago de Compostela confirmou este outono que Galicia non foi un recuncho illado na antiguedad, senón un territorio conectado co Mediterráneo moito antes da chegada dos musulmáns, recibindo un goteo constante de poboacións que deixaron unha marca indeleble. Temos un 15% de ADN do Norte de África e do Mediterráneo Oriental, bastante máis que a media española. De onde provén si, en teoría, o impacto da conquista musulmá do 711 foi moito menor no nordés?