O Goberno Gallego inventouse unha curiosa maneira de facilitar os informes oficiais sobre a fusión da defuntas Caixa Galicia e Caixanova. Depositou os informes nunha sala, á que os parlamentarios só podían acceder un tempo determinado e sen poder gravar. Agora a Xustiza falla que a Xunta vulnerou o dereito para informarse do deputado Sánchez (En Común / ANOVA), quen reclama xa a documentación.