Os incendios forestais do pasado verán tamén se cebaron coas reservas de forraxe de moitos gandeiros. Púñase en perigo o sustento do gando, sobre todo en extensivo. Foron varias as asociacións, sindicatos agrarios e cooperativas do occidente galego as que doaron pacas de forraxe para evitar incluso o peche de explotacións.