EAPN Galicia lanzou a campaña OrgulloTerceiroSector. O motivo non é outro que a atención a persoas vulnerables non é un traballo “sen cobrar”, cando detrás hai xente profesional e especializada. Este sector cobre nichos onde a administración non chegou, mesmo posúe un papel mediador entre as propias administracións.