O terceiro sector, é solidariedade non un negocio

EAPN Galicia lanzou a campaña OrgulloTerceiroSector. O motivo non é outro que a atención a persoas vulnerables non é un traballo “sen cobrar”, cando detrás hai xente profesional e especializada. Este sector cobre nichos onde a administración non chegou, mesmo posúe un papel mediador entre as propias administracións.


|

Entidades del tercer sector llaman a los gallegos a marcar la 'X Solidaria' en su declaración de la renta, en Santiago.
Entidades do terceiro sector chaman aos galegos a marcar a 'X Solidaria' na súa declaración da renda, en Santiago.


O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia acollía o 1 de outubro a presentación da campaña OrgulloTerceiroSector da man de EAPN Galicia: Rede Galega contra a Pobreza. O obxectivo é mostrar como o terceiro sector é un axente crave no desenvolvemento social, aínda sendo entidades que non pertencen ao sector privado nin ao público. A súa atención vai dirixida á cohesión social, defensa de dereitos e atención a colectivos vulnerables. Isto reflíctese na prestación de servizos para o acceso a unha vivenda digna, a un emprego e todo isto sen ánimo de lucro, o cal non significa que teña o seu valor cuantificable. Así, segundo o "Barómetro do Terceiro Sector de Acción Social, en España 2024", o terceiro sector supón o 1.5% do PIB nacional, 19.000 millóns de euros e 600.000 persoas empregadas, lou que indica o grao de profesionalización neste segmento laboral. Non son simples axentes de asistencia, estas entidades actúan como unha verdadeira "rede invisible" que tece cohesión social.

EAPN Galicia: Rede Galega contra a Pobreza
Dentro da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social en España, EAPN Galicia, agrupa a máis dun centenar de ONG e entidades do sector. Durante 2025 as entidades de EAPN Galicia centraron o seu esforzo en mostrar á Xunta a necesidade de mellorar a dotación de recursos e a eficacia das políticas sociais. Así, en xuño de 2025 a Xunta anunciaba 33 millóns de euros para combater a pobreza e apoiar programas de carácter social, xestionadas pola Consellería de Política Social. Este orzamento será canalizado a través do Terceiro Sector.
 

Tamén no mes de xuño, EAPN Galicia promoveu un estudo e abriu unha consulta ás entidades para analizar e mellorar a provisión e xestión de vivendas por parte do Terceiro Sector en Galicia. Desta forma, o sinhogarismo e a exclusión residencial son factores crave á hora de definir a situación de pobreza. Así, o que se busca é proporcionar solucións habitacionales autónomas e apoio residencial integral.

Outro tema é a aporofobia ou odio aos pobres. Aquí sumáronse á declaración "Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia", no Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio (xuño 2025). Todos os asinantes comprométense a defender os dereitos das persoas en situación de pobreza. 



O Terceiro Sector e a súa axenda 2025
Os puntos que definen a acción de entidades no terceiro sector foron accións con persoas sen fogar e en exclusión residencial. O traballo neste apartado supuxo a atención ás persoas que estaban en fase inicial de sinhogarismo, a piques de perder a súa vivenda ou residencia habitual. A estratexia é ofrecer recursos residenciais e acompañamento sociolaboral para a autonomía das persoas nesta situación.


As mulleres, dentro dos sectores afectados por situacións límite, adoitan verse afectadas por situaciones de especial vulnerabilidade, moito máis se teñen fillos. Isto fixo que, no caso galego, convocáronse subvencións para programas dirixidos especificamente a este colectivo. Destináronse recursos para a atención especializada e o desenvolvemento de actuacións dentro do Plan Corresponsables, o que inclúe servizos de coidado profesional para a conciliación, estes últimos cofinanciados pola UE. Trabállase para evitar a feminización da pobreza equiparando os beneficios de familias monoparentais cos de familias numerosas.

 

A Xunta, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, convocou en 2025 subvencións crave para programas dirixidos a este colectivo. Isto inclúe recursos integrais de atención especializada e o desenvolvemento de actuacións do Plan Corresponsables (servizos de coidado profesional para a conciliación), cofinanciados pola Unión Europea. A loita contra a feminización da pobreza segue sendo unha prioridade, con propostas para equiparar beneficios de familias monoparentais aos de numerosas.

No tocante á inserción laboral de persoas vulnerables, o Terceiro Sector xogou un papel destacado na procura de colaboración público-privada. A tradución deste labor viuse reflectida en convocatorias como a da Fundación “A Caixa” neste 2025. La intermediación laboral e ampliación de oportunidades foi fundamental para incorporar a persoas en situación vulnerable ao mercado laboral, isto fixar na realidade territorial e nos nichos de mercado galegos.

Especial relevancia está a cobrar a atención á dependencia e a vellez. Así, a intermediación do Terceiro Sector fixo que o orzamento de Política Social para 2025 incremente fondos para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), vital para o mantemento na súa contorna de persoas maiores ou dependentes con escasos recursos.

Financiamento e Sustentabilidade
A sustentabilidade do sector dependeu en 2025, como se observou, de fondos públicos autonómicos e fondos europeos.

 

A isto súmaselle a campaña anual para marcar a Casa X Solidaria na Declaración da Renda e a Casa Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades. Isto mantívose co achegue de 19.000 empresas galegas que marcaron esta última casa, recadando máis de 3 millóns de euros para fins sociais.

En definitiva, 2025 foi un ano no que o Terceiro Sector galego, continuou co seu labor asistencial vital, reforzou a súa voz como axente de cambio e a súa capacidade para articular unha resposta aos retos persistentes da pobreza e a vulnerabilidade en Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE