O Goberno de México denunciou ante a Fiscalía Xeral da República a venda do estaleiro galego Barreiras á petroleira estatal PEMEX. Así o confirmou onte Santiago Nieto Castelo, responsable da Unidade de Intelixencia Financeira (UIF) do Executivo azteca.