O candidato á Xunta de Galicia polo PSdeG asegura que Galicia vai espertar a un cambio que "necesita".
Luís Villares (Lugo, 1978) atende a Galiciapress (como tamén fixo o outro cantidato David Bruzos) a uns días de que o Consello dás Mareas decida cal das dúas listas debe asumir a dirección. Ademais de incidir na pluralidade da súa lista, Villares matiza a polémica das doazóns dos deputados de Podemos, asegurando que "o compromiso de limitación salarial está a cumprirse" . Para o seu rival ten palabras de eloxio: "Bruzos é un gran compañeiro e unha persoa dialogante".