Freire Mozo SL (Airas Nunes Cátering) deixará de prover desde o seu central os alimentos e os utensilios de cociña para as escolas infantís da Xunta, tal e como decretou a Consellería de Política Social. A ese respecto referiuse Alberto Núñez Feijóo en rolda de prensa, quen cuestionado por este medio admitiu que os episodios de intoxicacións “aínda que leves” para a Xunta “non son admisibles”.