A Central Sindical Independente e de Funcionarios (#CSIF), sindicato maioritario nas administracións públicas a nivel estatal -en Galicia é CIG-, solicitou que os celadores sexan clasificados como persoal sanitario dentro do Sistema Nacional de Saúde (SNS).
A Confederación Intersindical Galega (CIG) asegurou este mércores que realizará as xestións necesarias para reclamar que todas as agresións que padece o persoal sanitario que presta un servizo público sexan consideradas atentado contra a autoridade, independentemente do tipo de contrato que teñan os traballadores afectados.