A cervexa artesá é unha forma de vida porque é unha aposta das súas elaboradores por ofrecer algo distinto. Queren mostrar como se pode facer algo saboroso, con corpo e selo persoal fronte ao produto de gran consumo, de distribución industrial. Galicia deu paso ás cervexas artesás despois de que outros produtos busquen tamén a autenticidade fronte á comercialización en cadea. Buscan elaborar produtos exclusivos para ofrecer novos sabores e recuperar outros que se perderon polo camiño