Os ataques entre Irán e Israel acenderon as alarmas nos mercados internacionais ante a posibilidade de que Teherán pechase o estreito de Ormúz, saída natural para os buques cargados de cru no Golfo Pérsico para entrar ao Océano Índico. A idea de que o 20% do petróleo mundial non poida circular aterroriza a todo o mundo pero, que sucede coas tripulacións e barcos petroleiros? Que ocorre cando os buques mercantes están eñ zonas de risco por guerra? O comercio internacional depende, e moito, destes barcos e os seus tripulantes, pero apenas se fala deles