Accidente mortal en Mos: morre un motorista nunha caída na A-55 á altura de Tameiga
Os feitos ocorreron pasadas as 21:30 horas do luns, no quilómetro 9 da vía.
Un motorista faleceu nunha caída na noite do luns cando circulaba pola autovía A-55 ao seu paso polo municipio pontevedrés de Mos.
Segundo informa o 112 galicia, un particular avisou pasadas as 21,30 horas do luns de que acaba de presenciar unha caída de moto no quilómetro 9 da A-55, en Tameiga (Mos). Posteriormente, outras persoas que se comunicaron co 112 avisaban de que non respondía e estaban a tratar de reanimalo.
Neste operativo participaron 061, Garda Civil de Tráfico, GES de Mos e o servizo de mantemento de autovía.
Escribe o teu comentario