Morre un home en Medeiro, Vigo, ao caer do tellado que estaba a arranxar

Os equipos de emerxencias desprazados ao lugar non puideron facer nada por salvar a vida do home.


|

Archivo - Helicóptero y ambulancia del 061.
Foto: EP


 

Un home perdeu a vida no lugar de Medeiro, en Vigo, tras caer dun tellado que estaba a arranxar pola súa conta.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos antes das 17.00 horas deste venres e foi un particular o que deu a voz de alarma.

Até o punto mobilizáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Nacional e o Local.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE