Asasinan no Porriño a unha traballadora de axuda no fogar de 48 anos durante a súa xornada

A muller morreu de forma violenta e as autoridades detiveron a un home de 73 anos como presunto responsable.


|

Agentes de la Guardia Civil.
Axentes da Garda Civil

 

Un tráxico suceso ha gopleado esta mañá a localidade pontevedresa do Porriño, onde as autoridades reportaron a morte violenta dunha traballadora do servizo de axuda no fogar a mans, aparentemente, da parella dunha das mulleres ás que asistía durante a súa xornada laboral.

 

 

SUCESO

Trátase, polos datos que transcenderon até agora, dunha profesional do servizo de asistencia en docimicilios, de 48 anos e veciña de Mos. Foi atopada sen vida por un familiar da parella á que asistía e con lesións que apuntan a unha morte violenta no lugar no que traballaba.

 

 

Fontes próximas á investigación sinalan que a arma do crime podería ser unha machada ou un obxecto similar co que foi golpeada e a cabeza. A investigación está en curso e agora os esforzos concéntranse en esclarecer o ocorrido.

 

Cinta policial
Imaxe de arquivo | Foto: RTVE 

 

Nese sentido, todo apunta a que o responsable é un home maior, de 73 anos e residente na parroquia de Atios. O suceso tería lugar a primra hora da mañá e o sospeitoso foi achado no lugar  "con manchas de sangue, desorientado e realizando manifestacións incoherentes", afirmou o subdelegado do Goberno, Abel Losada. O home foi detido e ingresado nun centro médico para a súa avaliación psiquiátrica. 

 

A parella do investigado sería a beneficiaria dos servizos sociais do Concello, tal e como confirmou o alcalde porriñés, Alejandro Lorenzo, despois de que, sinalan algunhas fontes, sufrise un ictus que a deixou incapacitada. A muller non figura na base de datos de Viogen e nada fai crer aos investigadores que se trate dun crime machista.
 

CONCENTRACIÓN Ás 20 HORAS

Desde o Concello detallan que ás 20 horas celebrarase unha concentración e un minuto de silencio, con representantes do Concello de Mos, de onde era natural a vítima, a pesar de que levaba varios anos empadroada no Porriño.
 

Matan a una trabajadora de ayuda en el hogar en O Porriño (Pontevedra) en una de las casas a las que acudía.
Matan a unha traballadora de axuda no fogar no Porriño (Pontevedra) nunha das casas ás que acudía.

 

O rexedor trasladou á familia e achegados da muller as súas condolencias e subliña que non tiñan coñecemento de ningunha "situación irregular" ou problema na atención nesta vivenda. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE