Exmiembro do Opus Dei condenado a 5 anos de prisión tras recoñecer agresión sexual continuada a un menor

O investigado aceptou a pena de cárcere polos feitos dos que se lle acusan sobre un menor de 16 anos.


|

Un exmiembro del Opus Dei reconoce en Vigo un delito de agresión sexual continuada a un menor y acepta 5 años de prisión.
Foto: EP

 

Un exmiembro dunha asociación xuvenil vinculada ao Opus Dei, acusado dun delito continuado de agresión sexual a un mozo menor de 16 anos, aceptou 5 anos de prisión, nunha vista de conformidade celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo , na que recoñeceu a autoría dos feitos que lle atribúen as acusacións.

Segundo a Fiscalía, as agresións sexuais producíronse entre finais de 2022 e xaneiro de 2023, en lugares comúns que acusado e vítima frecuentaban.

O procesado, que xa depositou 40.000 euros para indemnizar ao prexudicado, aceptou 5 anos de cárcere, a medida de liberdade vixiada durante 5 anos tras saír de prisión, e a inhabilitación para realizar actividades ou profesións que teñan relación con menores durante ese mesmo período de tempo.

Igualmente, foi inhabilitado para exercer os dereitos da patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento durante 5 anos, e por ese mesmo tempo, non poderá comunicar nin achegar a menos de 500 metros da vítima. Ao non cumprir as condicións para a suspensión da pena, será requirido para ingresar no cárcere.

O acusado recoñeceu ser autor dun delito continuado de agresión sexual a menor de 16 anos con abuso de superioridade, e concorrendo as circunstancias atenuantes de reparación do dano e de confesión, xa que, segundo apuntou o Fiscal, "acudiu voluntariamente ás autoridades para recoñecer, aínda que fose parcialmente, os feitos".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE