Sorprenden a un delincuente armado cunha pistola en Tomiño
O detido conta con numerosos antecendentes penais. A Garda Civil do descubriu no monte, nunha furgoneta.
A Garda Civil de Tui detivo o pasado mércores a un home por levar unha pistola sen o permiso de armas regulamentario.
Segundo explican nun comunicado, a patrulla, durante os labores propios dun servizo de seguridade cidadá por unha estrada local de Tomiño, crúzase cun vehículo ocupado por dúas persoas sen cinto de seguridade.
Dáselles o alto e compróbase que a persoa que se atopa no asento dianteiro dereito mostra unha actitude nerviosa, polo que se procede á súa identificación e a do condutor do vehículo.
Previo á identificación, o copiloto agáchase no asento, polo que tamén se rexistra o vehículo, atopando debaixo do asento unha arma curta de lume da marca Browning do calibre 7,65 cun cargador con sete cartuchos metálicos.
Este home, natural do Rosal, e con antecedentes policiais e penais, manifesta que é da súa propiedade e que carece de autorización administrativa que permita a súa tenencia.
Por iso procédese á incautación da arma e á detención desta persoa como presunto autor dun delito de tenencia ilícita de armas.
O detido, xunto coa arma e as dilixencias, foron entregadas no Xulgado de Garda de Tui, que decretou a súa liberdade con cargos.
Escribe o teu comentario