Caballero anuncia a reapertura das piscinas de Samil este sábado 25 de maio
O rexedor indicou que as instalacións estarán abertas até o 30 de setembro en horario de 12.00 horas a 21.00 horas.
O Concello de Vigo anunciou que este sábado, día 25 de maio, abrirán as piscinas municipais de Samil.
Nun audio difundido aos medios de comunicación, o alcalde, Abel Caballero, indicou que estarán abertas até o 30 de setembro en horario de 12.00 horas a 21.00 horas.
"Son cinco piscinas, o cinco con auga salgada", subliñou, engadindo que haberá até once socorristas para vixiar aos nenos.
O rexedor informou de que o goberno local ha feito traballos de mantemento e limpeza nas piscinas de Samil para que xa poidan estar preparadas nesta época estival.
Escribe o teu comentario