Accidente mortal entre un camión e un turismo en Salvaterra

Sospéitase que por algún motivo o turismo invadiu o carril do camión chocando de fronte. 


|

WhatsAppImage2024 04 03at6.51
Accidente en Salvaterra nunha imaxe da Televisión de Galicia

O choque frontal entre un coche e un pequeno camión na PO-510, no municipio de Salvaterra de Miño (Pontevedra), deixa a unha persoa morta e a outras dúas feridas na tarde deste mércores.

Segundo informa o 112 Galicia, o falecido conducía o turismo, mentres que tamén se atopan feridos o seu acompañante e o condutor do camión. Segundo indica a Televisión de Galicia o falecido sería o condutor do turismo, un home na corentena, e o seu acompañante sería o seu fillo un mozo duns 20 anos que está ferido.

Varios particulares alertaron ao 112 Galicia do suceso preto das 16,30 horas. Segundo indicaron, o accidente produciuse entre un camión pequeno e un coche, con posibles persoas feridas e unha delas atrapada no interior do turismo.

Foron informaron dos feitos Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Baixo Miño, GES de Ponteareas, Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Tamén foron solicitados os servizos de mantemento da vía ao haber restos do accidente pola estrada.

Xa no lugar, os Bombeiros do Miño excarceraron ao condutor do vehículo, falecido no accidente. O seu acompañante e o condutor do camión foron trasladados polos profesionais de urxencias sanitarias até o hospital.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE