A Xustiza sospeita que o Concello de Ponteareas achegoulle documentos falsos
Unha traballadora estivo de baixa durante todo un ano e con todo nunha aplicación da Xunta aparece como responsable de case 200 expedientes administrativos.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) ha dedudo testemuño contra o Concello de Ponteareas (Pontevedra) e remitiu á Axencia Española de Protección de Datos e a Inspección de Traballo documentos "sen credibilidade" achegados polo consistorio nunha causa laboral que se seguiu nos xulgados de Vigo.
Así o comunicou o despacho de avogados Zeres, que representou a unha traballadora fronte ao Concello ponteareán nunha causa por vulneración de dereitos.
En novembro de 2022, o xulgado do Social 6 de Vigo condenou ao Concello de Ponteareas a restituír no seu posto e a indemnizar en 15.000 euros a unha traballadora por modificación substancial das súas condicións de traballo, con vulneración dos seus dereitos fundamentais.
O Concello presentou recurso ante o TSXG e achegou unha serie de documentos para demostrar que a traballadora si estivo a realizar a súa tarefa, e que non era certa que estivese marxinada sen dedicacións.
O alto tribunal galego non só sinalou que esa presentación de documentos foi extemporánea, senón que apuntou que eses documentos se presentaron como a resposta da Consellería ao Concello. "Segundo indica a recorrente, a actividade da actora non variou en nada durante todos estes anos", sinala o TSXG, aínda que, os datos achegados polo Concello "non cadran" cos feitos probados.
Deste xeito, a Xustiza considera "sorprendente" que, estando a traballadora en situación de incapacidade laboral e vacacións durante todo o ano 2020, consta na aplicación XATEmprego que abordou un total de 187 proxectos.
Por esta "discrepancia", que "priva de credibilidade" a documentación achegada polo Concello, o tribunal sinalou que procede dar a coñecer estes feitos á Inspección de Traballo e á Axencia Española de Protección de Datos.
O avogado defensor da traballadora, Fabián Valero, sinalou que o TSXG "sinala así que a proba achegada de forma irregular constitúe outro indicio da sistemática vulneración de dereitos fundamentais" da súa patrocinada.
Escribe o teu comentario