Clausurado outra vez o aeroporto de Peinador en Vigo por fochancas na pista

As pistas dos aeroportos deben estar sempre en excelentes condicións, sen fochancas nin deformacións, para garantir a seguridade dos pasaxeiros, a tripulación e os demais traballadores do aeroporto. A de hoxe é a terceira vez no últimos ano e medio que a pista de Vigo non cumpre esta premisa.


|

Socavón en el aeropuerto de Peinador en uan foto del twitter @controladores
Unha pasada focha no aeroporto de Peinador en uan foto do twitter @controladores

 

Unha focha na pista obrigou a cancelar este luns a actividade do aeroporto vigués de Peinador, mentres duran os traballos de reparación. O tráfico aéreo está a desviarse mentres dure esta incidencia ao aeroporto de Santiago.

Segundo confirmaron fontes de Aena, o dano na pista localizouse pasadas as 19,00 horas. Consecuentemente, o aeródromo foi declarado inoperativo, cancelando os voos que debían saír del e desviando os que tiñan Vigo como destino. En concreto, un voo procedente de Madrid e outro de Barcelona aterraron no Rosalía de Castro.

 

 


Os labores para reparar este dano xa se iniciaron, aínda que as mesmas fontes apuntan a que a conectividad quedará afectada tamén durante boa parte deste martes.
 

 

Co sucedido hoxe, xa é a terceira ocasión nun ano e dous meses que a pista olívica ten que pechar por fochas. Os últimos datos indican que esta mañá xa houbo tres voos desviados a Santiago de Compostela.

 

 

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE