Desaparecido desde o pasado 8 de marzo un mozo de Vigo de 25 anos
A Policía Nacional de Vigo investiga a desaparición dun mozo de 25 anos, que falta desde o pasado mércores, día 8 de marzo, na cidade olívica.
Hamza Abidour, de 25 anos, permanece desaparecido desde o pasado mércores, pero a denuncia non se tramitou até o venres 10 de marzo.
Desde SOS Desaparecidos lanzaron esta alerta detallando que o desaparecido mide 1,70 metros de estatura, ten complexión grosa, pelo negro e ollos negros

A Policía Nacional de Vigo investiga a desaparición dun mozo de 25 anos, que falta desde o pasado mércores, día 8 de marzo, na cidade olívica.
Foi SOS Desaparecidos o que deu a voz de alerta, indicando que un home de 25 anos de idade, chamado Hamza Abidour, desaparecera en Vigo o mércores.
Trátase dun home de 1,70 metros de estatura, complexión grosa, pelo negro e ollos negros. A Policía ten constancia dunha denuncia de desaparición do venres, día 10.
Escribe o teu comentario