O uso de camelos na cabalgata de Moaña esperta as críticas de grupos en defensa dos animais
A Fundación Franz Weber mostrou este mércores a súa "sorpresa" polo compromiso dunha parte do goberno local da localidade pontevedresa de Moaña coa protección animal ao mesmo tempo que organiza a cabalgata dos Reis Meigos con camelos reais contratados a unha empresa de Valladolid.
Desde a Fundación Franz Weber critican o uso de animais de verdade para os desfiles do 5 de xaneiro, que tachan de "espectáculos lamentables" que axudan a "caricaturizar o sufrimento animal".
O goberno municipal recorreu a unha empresa de Valladolid para contar con camelos na súa cabalgata. O Proxecto de Lei estatal que reglamentará as políticas de protección animal non pon coto a estas prácticas.

A Fundación Franz Weber mostrou este mércores a súa "sorpresa" polo compromiso dunha parte do goberno local da localidade pontevedresa de Moaña coa protección animal ao mesmo tempo que organiza a cabalgata dos Reis Meigos con camelos reais contratados a unha empresa de Valladolid.
Os naturalistas defenderon, a través dun comunicado, que se trata dun tipo de malos tratos cara aos animais e, o seu veto, sería "sinxelo", deixando de realizar convenios ou contratos con entidades que promoven este tipo de" espectáculos lamentables".
Para a Fundación Franz Weber, o caso de Moaña evidencia como "caricaturizar o sufrimento animal con camelos sufrindo un intenso ruído ambiental, tocamentos das persoas asistente e unha música enxordecedora".
"Todo isto contribúe a xerar unha imaxe radicalmente equivocada dos animais, en especial aos nenos e adolescentes que poden participar da actividade", aseguraron.
Ademais, a Fundación Franz Weber advertiu que o Proxecto de Lei estatal que reglamentará as políticas de protección animal non acaba con este uso de fauna silvestre senón que se limita a desenvolver unha nova regulación, polo que a súa inclusión en moitas cabalgatas ao longo da xeografía española sinalan que podería continuar.
Escribe o teu comentario