Dúas persoas atracan a punta de pistola unha oficina bancaria de Vigo

Os asaltantes levaron 160.000 euros e maniataron a tres empregados e dous clientes


|

Abanca avda aeropuerto vigo
O atraco produciuse nunha oficina de Abanca situada na avenida do Aeroporto / Foto: Google Street View

Dúas persoas atracaron a punta de pistola unha oficina bancaria de Vigo na tarde de onte. Deixaron a tres empregados e dous clientes coas mans atadas.

 

Segundo informaron fontes da Policía Nacional, os feitos tiveron lugar á altura do número 377 da avenida do Aeroporto, sobre as 14:30 horas do venres. Dous atracadores entraron nunha oficina de Abanca e maniataron aos seus empregados e aos clientes que nese momento había dentro do local.

 

Un deles estaba armado cunha pistola e o outro, cunha navalla. Os ladróns permaneceron uns 20 minutos na oficina e, tras facerse co diñeiro que había na caixa forte e no caixeiro, un total de 160.000 euros, lograron saír do lugar.

 

Segundo a descrición que foi achegada á Policía, os asaltantes ían vestidos con roupa de traballo: uns pantalóns laranxas e un chaleco amarelo. Así mesmo, levaban a cara tapada con lentes de sol e gorros de choiva.

 

Os propios empregados foron os que chamaron aos corpos de seguridade unha vez os ladróns, dee ntre 50 e 60 anos de idade, xa se marchou.

 

Por agora non se puido identificar a ningún dos atracadores. Tamén se descoñece como fuxiron, se andando ou en coche, e se había ou non máis cómplices no exterior do banco á espera.

Actualmente, os axentes están a realizar as xestións pertinentes para pescudar a identidade dos delincuentes e localizar aos autores do atraco.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE