Tapas gratis de polbo en oito restaurantes e cafetarías de Vigo desde durante os próximos días

Non todas as especies son igual de valoradas nas lonxas. Mentres algunhas, como o octupus vulgaris alcanza prezos astronómicos -se procede das ricas rías galegas, outras, como o polbo cabezudo ou a pota -que se pescan mar dentro- non teñen tanto predicamento.

 


|

 

 

Para tratar de paliar este problema, un colectivo de pescadores lanza unha curiosa iniciativa promocional. A Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo (OPPF-4) ofrece tapas gratis destas especies nalgúns establecementos. 

 

En concreto, os interesados poden #dirixir a un destes oito negocios para desgustar estes manxares coa súa consumición:

  • María Manuela: polbo cabezudo   ou pota en texturas.
  • Trepia Gastronomía: salpicón de polbo cabezudo con fabas e wantón de pota.
  • O Temporal: patacas bravas de polbo cabezudo ou tapa de fideuá de pota con alioli.
  • O Xuliana: cabezudo á brasa con vinagreta de remolacha ou ikanomarine a base de pota.
  • Pícaa en Flandes: empanada de polbo cabezudo con acelgas e guiso de pota con cogomelos shitake e alga wakame.
  • A Tula Bouzas Bar: fabada de polbo cabezudo ou guiso de choupa, patacas e abrejas.
  • Lume de Carozo: tapa de cremoso de queixo San Simón con polbo cabezudo e allo porro confitado e tempura de pota con pataca alioli de cilantro e lima.
  • Malasangre Food & Club: tapa de polbo cabezón, escabeche e apionabo ou tapa de saam de pota crujiente, maionesa cítrica e cebola vermella.
     
Cartel promocional de las tapas gratis de pulpo cabezudo
Cartel promocional das tapas gratis de polbo cabezudo

 

HORARIOS

A promoción estará dispoñible durante catro días pero hai que ter en conta que empezou onte xoves. O horario para solicitar os aperitivos gratis é desde as 13:00h. até as 16:00h. e desde as 20:00h. até as 23:00h.

 

Os armadores esperan así aumentar o valor de especies que, como a pota e o polbo cabezudo,
posúen unha baixa demanda. A través de accións como a que se celebra estes días en Vigo, queren pór en valor este tipo de produtos e abrirlle novas oportunidades de comercialización.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE