Fabiola García destaca en Ortigueira o papel crave das mulleres rurais no avance de Galicia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou que cada vez son máis as mulleres que lideran proxectos vinculados ao ámbito rural e que emprenden en sectores tradicionalmente masculinizados


|

La conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, en Ortigueira, a 8 de marzo de 2026.
 

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reivindicou este domingo o papel esencial que tiveron as mulleres do rural na construción dunha Galicia máis igualitaria e socialmente avanzada. A responsable autonómica participou no XV Encontro de Mulleres de Ortigueira, unha cita promovida polo Concello para render homenaxe ás veciñas que foron pioneiras en distintos ámbitos do municipio.

 

Compromiso coa igualdade desde o rural

Durante a súa intervención, García subliñou o "compromiso" de Ortigueira coa promoción dunha sociedade máis xusta e inclusiva. A conselleira remarcou a importancia de que todas as administracións sigan dando pasos firmes cara á igualdade real, lembrando que este obxectivo esixe a implicación institucional e cidadá.

 

Recoñecemento ás pioneiras

No seu discurso, a titular de Política Social e Igualdade fixo fincapé na necesidade de "dar visibilidade" ás mulleres referentes, especialmente a aquelas que traballaron durante anos, moitas veces de forma silenciosa, para sacar adiante ás súas familias e as súas comunidades. Por iso, expresou o seu agradecemento a todas as mulleres pioneiras de Ortigueira por “o seu labor incansable e, en demasiadas ocasións, pouco recoñecida”.

 

Máis mulleres líderes no rural

A conselleira destacou ademais que os avances conseguidos nas últimas décadas “xa están a dar os seus froitos”, e cada vez son máis as mulleres que lideran proxectos vinculados ao ámbito rural e que emprenden en sectores tradicionalmente masculinizados. Nese sentido, García recalcou que continuar visibilizando estas experiencias é fundamental para consolidar unha Galicia máis igualitaria.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE