Axuda para encontar a Ainhoa, menor vulnerable desparecida de Ourense
A asociación SOS Desaparecidos activou unha alerta para localizar a Ainhoa M. R., unha moza de 16 anos desaparecida o pasado 4 de marzo en Ourense tras non regresar ao centro de menores onde residía. As autoridades solicitan a máxima difusión do caso e a colaboración da cidadanía para dar co seu paradoiro.
A organización #SOS Desaparecidos solicitou colaboración a través das súas redes sociais para localizar a Ainhoa M. R., desaparecida en Ourense o pasado mércores, 4 de marzo. Segundo a información facilitada pola asociación, a menor mide 1,67 metros de estatura, é de complexión forte, ten ollos escuros e pelo castaño. Desde a entidade insístese en que se trata dunha persoa vulnerable, o que fai especialmente urxente a súa localización.
Segundo confirmou a Subdelegación do Goberno en Ourense, foi o propio centro de menores no que vivía a moza quen deu a voz de alarma á Policía Nacional, ao non reincorporar a moza tras o fin de semana. Desde entón, os corpos e forzas de seguridade manteñen activado un dispositivo de procura que se centra na cidade e zonas próximas.
Chamamento cidadán en Ourense
A asociación difundiu o aviso coa descrición da nova e pide a colaboración cidadá para recompilar calquera dato que axude a atopala canto antes. As mensaxes difundidas insisten na importancia de compartir a alerta para ampliar o seu alcance, unha estratexia habitual nos casos de desaparición de menores en España.
Desde #SOS Desaparecidos lembran que cada minuto conta neste tipo de situacións e que a implicación da cidadanía pode resultar determinante para resolver o caso.
As autoridades piden máxima difusión para facilitar a localización da adolescente. Calquera persoa que poida achegar información ou vexa a Ainhoa pode contactar coa Policía Nacional (091), a Garda Civil (062) ou o servizo de emerxencias (112). Tamén poden comunicar directamente con SOS Desaparecidos a través do teléfono 868 286 726 ou do correo electrónico info@sosdesaparecidos.es.
Escribe o teu comentario