Atropelo mortal no polígono do Tambre, en Santiago de Compostela

Os feitos ocorreron ao redor das 17:30 horas deste xoves.


|

HCGlTj1WMAAy CY
Foto: @g24noticias

 

A Policía Local de Santiago de Compostela acudiuse esta tarde no polígono do Tambre para confirmar a morte dun viandante que sufriu un atropelo na superficie industrial compostelá. Os axentes desprazados ao lugar só puideron confirmar o deceso da vítima.

 

SUCESO

Os feitos ocorreron ao redor das 17:30 horas, concretamente na Vía Edison do polígono santiagués. Trátase dunha das arterias principais da contorna e un lugar polo que, especialmente a esa hora da tarde, hai unha significativa cantidade de tráfico rodado, tanto de camións como de turismos.

 

Tamén efectivos de Protección Civil e de emerxencias desprazáronse ao lugar do suceso, onde a Policía Local montou un operativo para custodiar o corpo á espera de poder proceder ao seu levantamento.

 

Até agora, coa investigación aínda en marcha, non se facilitaron datos sobre a identidade da vítima nin as causas do sinistro. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE