Trasladan ao hospital a dúas persoas con síntomas de intoxicación na Veiga

Por agora non transcenderon detalles sobre o estado das vítimas 


|

Hospital Valdeorras
Hospital Valdeorras

 

 

Dúas persoas foron trasladadas ao Hospital de Valdeorras tras sufrir unha posible intoxicación no municipio ourensán da Veiga, na parroquia de Santo André. Las primeiras hipóteses apuntan a un xerador de gasolina como orixe probable, aínda que aínda non está confirmado oficialmente.

 

O 112 Galicia recibiu o aviso sobre a 1:15 horas da madrugada, a través do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Veiga. Os efectivos saíron co quitaneves para garantir o acceso á zona de Requeixo, onde se atopaban as persoas afectadas.

 

Tras a intervención, o GES comunicou que trasladara a dúas persoas con síntomas compatibles cunha intoxicación até o Hospital de Valdeorras. O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o traslado, mentres que Bombeiros de Valdeorras e Protección Civil da Veiga quedaron avisados.

 

Por agora non transcenderon detalles sobre o estado das vítimas nin sobre as circunstancias exactas nas que funcionaba o xerador.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE