Cortada a AP-9 á altura de Portas tras un accidente entre un camión de mercadorías perigosas e un coche
Hai dúas persoas feridas, unha de gravidade e a outra leve
Un accidente entre un camión de mercadorías perigosas e un coche na AP-9, no quilómetro 116, ao seu paso por Portas, provocou o corte da autoestrada en dirección sur.
Segundo informa a Garda Civil, o sinistro ocorrido nesta mañá de sábado deixa a dúas persoas feridas, unha de gravidade e outra leve.
Escribe o teu comentario