Seis feridos, dous de gravidade, tras un accidente en Carballo
Cinco feridos deberon ser excarcerados
Seis persoas resultaron feridas, dúas delas de gravidade, tras chocar dous vehículos en Carballo (A Coruña) este sábado. Ademais, cincos dos feridos tiveron que ser excarcerados, segundo informa o 112 Galicia.
Así, a Central de Emerxencias indicou que tivo constancia do accidente ao redor das 20.00 horas deste sábado a través do aviso dun smartphone. Minutos despois, un particular contactou co 112 para informar dun choque grave entre dous vehículos na AC-418, entre os puntos quilométricos 2 e 3, á altura de Goiáns.
Deste xeito, activouse un operativo no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais dos efectivos de Protección Civil.
Pola súa banda, o 061 mobilizou unha ambulancia asistencial de SVA, catro ambulancias asistenciais de SVB e persoal sanitario da PAC de Carballo.
Unha vez no punto, foi necesario o material de excarceración para liberar a cinco persoas: dous dun dos vehículos e tres do outro. Con todo, cinco dos feridos foron trasladados ao Hospital da Coruña e un ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera.
Escribe o teu comentario