Subvencións para adaptar vivendas de maiores no rural de Ourense
A Deputación de Ourense aprobou unha liña de axudas de 100.000 euros para adaptar vivendas de persoas maiores de 65 anos en municipios de menos de 20.000 habitantes, cun máximo de 2.000 euros por solicitude para cubrir até o 100% do gasto en adaptacións ou axudas técnicas, como camas articuladas, co fin de mellorar a súa autonomía e seguridade no fogar. Tamén se destinaron 100.000 euros para equipar un centro de día para maiores en Vilamarín e 40.000 euros para pavimentar rúas en Castrelo do Val.
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense acordou unha nova liña de axudas, dotada con 100.000 euros, destinada a adaptación de vivendas de persoas maiores de 65 anos en municipios de menos de 20.000 habitantes.
Esta nova liña de axudas a persoas maiores de 65 anos, empadroadas nos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, que sexan propietarias, usufructuarias ou arrendatarias de vivendas que necesiten o servizo de adaptabilidad e/ou aluguer de axudas técnicas (por exemplo, camas articuladas) para a adecuación funcional da súa vivenda habitual.
O obxectivo é mellorar a súa autonomía e calidade de vida, así como propiciar a súa permanencia no seu fogar en condicións de seguridade.
As solicitudes poderán optar a unha subvención máxima de 2.000 euros e non poderán superar o 100% do gasto total que implique o servizo de adaptación da vivenda ou de axuda técnica.
Por outra banda, esta xunta de goberno da Deputación tamén aprobou 100.000 euros para equipos dun centro de día para atención a maiores en Vilamarín, así como 40.000 euros para arranxar o pavimento de rúas de Castrelo do Val.
Noutra orde de cousas, o presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, visitou este luns a sede do Consello Regulador da denominación de orixe (DO) Monterrei para abordar a creación dun novo plan estratéxico da denominación, así como liñas de axudas para o sector. Tamén visitou a leira experimental do Inorde, na contorna do castelo de Monterrei, onde se desenvolve un proxecto piloto de agricultura regenerativ.
Escribe o teu comentario