Combater a discriminación do pobo xitano, compromiso firme de Política Social
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, agradeceu o labor da Fundación Secretariado Xitano pola integración en Galicia a través de iniciativas específicas para avanzar en campos "craves", como a formación laboral
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse coa Fundación Secretariado Xitano, á que trasladou o compromiso da Xunta para combater a discriminación contra este pobo.
Segundo informa a Xunta, García destacou neste encontro que Galicia foi "a primeira comunidade" en contar cunha estratexia de inclusión que, de feito, acaba de ser renovado até o 2030.
Ademais, a conselleira agradeceu o labor da Fundación Secretariado Xitano pola integración en Galicia a través de iniciativas específicas para avanzar en campos "craves", como a formación laboral.
Escribe o teu comentario