Un operario falece ao caerlle encima unha árbore que estaba a cortar en Outes

Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña e o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 10.35 horas nunha zona de monte de Vilardigo, na parroquia de Cando
 


|

Fallece un operario en Outes (A Coruña) tras caerle encima el árbol que talaba.
 

Un operario, I.N. de 31 anos de idade, faleceu na mañá deste xoves en Outes  tras caerlle encima a árbore que tallaba.

Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña e o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 10.35 horas nunha zona de monte de Vilardigo, na parroquia de Cando.

Foi precisamente o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias o que alertou aos bombeiros de Boiro, que se desprazaron ao momento.

En concreto, unha persoa quedara atrapada baixo unha árbore mentres estaba ao cortar. A pesar de todo, o médico de garda que se desprazou á zona só puido certificar a morte do home.

Tamén acudiron ao momento a Policía Local de Outes, o GES de Noia, a Policía Xudicial, a Garda Civil e unha ambulancia de soporte vital básico medicalizada con profesionais de atención primaria de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE